Logo

viernes, 24 de octubre de 2014

MÓVETE +

RAP DO CLUBE LECTOR
O clube de lectura do Xograr amosou a súa creatividade coa composición deste rap, onde se reflicte a gran paixón do alumnado participante polos libros.


 

OBRA DE TEATRO DE FIN DE CURSO
Este ano despedimos o curso no Xograr coa espectacular representación teatral da obra "El universo perverso del teatro en verso", adaptación libre do actor e dramaturgo Rubén Calvete.










OBRADOIRO DE ZUMBA
A principios do mes de xuño tivo lugar no Xograr un obradoiro de Zumba acompañado dunha charla sobre comida saudable. A continuación podedes ver unha mostra do obradoiro.






FESTIVAL POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Conmemoramos o 17 de maio, "Día das Letras Galegas", con música, (non faltaron panderetas, cunchas ou gaitas), baile tradicional e ata o Himno Galego. Alumnos/as e profesores/as bailamos en parellas o Esparabán do Incio e rematamos a festa cantando e danzando xuntos.






 DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

Programa do Festival polo día das Letras Galegas:


DJ Letras Galegas:
O noso DJ conseguiu que nos días previos ao 17 de maio, a protagonista do noso lecer fose a música en galego, reproducindo unha gran selección de temas elaborada por alumnado e profesorado.



 Aquí temos a dous alumnos, Javier e Judith, de 4º da ESO, "pinchando" música nos recreos. Grazas por unirvos ao ritmo do Xograr!


O DÍA DO LIBRO:
Este ano festexouse o "Día do Libro" cun gran Festival Poético-Visual.  Alumnado e profesorado entregáronse nunha xornada dedicada ao libro e á promoción da lectura a través da arte e a creatividade. Un proxecto interdisciplinar cun resultado espectacular.


DJ POLO DÍA DO LIBRO.
Nesta ocasión, grazas ao noso DJ puidemos escoitar cancións inspiradas por diferentes libros e colaborar coa gran exposición de traballos realizados polo alumnado do centro, organizada polo departamento de Língua Castelá.








ACROSPORT
Ao longo do terceiro trimestre tiveron lugar varios obradoiros de acrosport onde participaron alumnado e profesorado do IES.


DÍA DA SAÚDE
O Xograr tamén quixo participar na conmemoración do "Día da Saúde" realizando unha serie de actividades deportivas ao longo do mes de abril.
A primeira tivo lugar nos arredores do IES, nun circuíto biosaludable situado en fronte do centro. Nunha segunda xornada levouse a cabo unha sesión de aeróbic na que participaron profesorado e alumnado do Xograr e do IES Gregorio Fernández.






DÍA DA POESÍA

Para festexar o día da poesía, a música encheu os corredores do Xograr durante as horas de lecer. Dedicáronse varias xornadas á escoita de poemas, musicados por diferentes compositores.




DJ POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
Nesta ocasión o DJ deunos a coñecer a un gran número de mulleres músicas (directoras, cantantes, compositoras,...) e durante os recreos de sete días os corredores do instituto estiveron amenizados con música moi variada e cun toque feminino. Unídevos ao ritmo do Xograr!


BREAKDANCE NO XOGRAR
Aproveitando o taller de Rap realizado na sesión do club de lectura, organizamos un taller de Breakdance para o alumnado interesado. Resultou moi interesante e realmente espectacular a exhibición do monitor Pablo Castiñeira. Grazas pola vosa participación!


Aquí vai unha mostra!.




DANZAS DO MUNDO:
Ao longo do segundo trimestre ensaiamos en varios recreos diferentes danzas do Mundo, aquí deixámosvos un vídeo dunha delas para que poidades "danzar" nas vosas casas.




ENTROIDO ACTIVO

Varios espectáculos protagonizados por alumnado e profesorado deron a benvida ao Entroido 2015 no Xograr.



DJ DÍA DOS NAMORADOS

Para conmemorar o día dos namorados o DJ presentounos unha gran variedade de cancións románticas, unha selección de temas de todas as épocas que amenizaron varios recreos de febreiro. Aquí podedes ver as cancións escollidas.





DÍA DA PAZ
Aquí podedes ver o froito do taller de papiroflexia impartido pola profesora Lucía Sampayo e a alumna Cristina Cabana, que tomaron como referencia a Lenda "Mil grúas pola Paz".
Grúas pola paz no Xograr

DJ POLA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz puidemos escoitar unha preciosa selección de cancións de todos os estilos e épocas que promoveron valores solidarios. Úneste ao Ritmo do Xograr?




Materiais elaborados polo Día da Paz

Con motivo do Día da Paz un alumno do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, David (EL Baty) creou un Rap pola Paz  https://youtu.be/1IspNXKhHaY

e un grupo de alumnos e alumnas da ESO elaboraron o vídeo Úneste? para sensibilizarnos a todos hacia certas conductas e promover valores como empatía ou solidariedade.
  https://youtu.be/iTO4nB4OaEA

 Grazas a todos.

NADAL ACTIVO

O pasado mes de decembro, despedimos o 2014 no Xograr con música, moito ritmo (aquí vai o vídeo dun espectacular baile feito polos alumnos do centro Jancarlos Sousa, Darisa Jiménez, Dara Jiménes, Denni e Juan Feliz) ...




e panxoliñas.

Coral de profesores do IES Xograr


DJ NADAL:
Para espertar o espírito navideño o DJ fixo soar no instituto varios temas tipicamente navideños que transmitiron ledicia a todos os membros da comunidade educativa.


O XOGRAR EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA
 O DJ do Xograr conmemorou o Día Internacional contra a violencia de xénero "pinchando" unha serie de cancións que abordan este tema. Aquí tedes o listado e o lema. Úneste?





SANTA CECILIA

Co gallo da festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos, o 22 de outubro espuxéronse nos corredores do noso IES unha serie de libros relacionados coa materia. Alén disto, a xornada foi amenizada con eventos musicais. Un traballo no que tivo moito que ver o equipo da biblioteca,  o  departamento de música e o seu alumnado.
Podedes ver unha serie de fotos ilustrativas.
 

 


DJ POR SANTA CECILIA:






"DJ XOGRAR"
Ao longo do mes de outubro houbo nos recreos varias sesións de DJ libres, os rapaces e rapazas "pincharon" música variada e amenizaron o tempo de lecer, enchendo de música marchosa os diferentes espazos do instituto. En poucas semanas empezaremos con quendas temáticas.
Aportade as vosas suxerencias. Agardámosvos!




COMEZAMOS CON MÓVETE+
Este ano plantexamos un proxecto moi variado para que todos vos atopedes o voso ritmo no Xograr.
Empezamos coa práctica da coreografía que presenta o Plan Galicia Saudable.
 Animádevos a entrar no enlace correspondente e a practicala nas vosas casas coas vosas familias.
Unídevos ao Ritmo do Xograr!!


Enlace do vídeo da Coreografía do Plan Galicia saudable:

https://youtu.be/7dOfrxyTIs0