Logo

sábado, 27 de diciembre de 2014

NADAL ACTIVO

O pasado 19 de decembro despedimos o ano no IES Xograr Afonso Gómez con moitas actividades, algunhas delas compartidas por profesor@s e alumn@s.

- PARTIDO DE BRILÉ PAPÁS NOEIS- REIS MAGOS.
Puidemos comprobar o gran estado de forma de todos eles co que esperamos cheguen a tempo as nosas casas cos agasallos desexados. Uns con gorros e outros con coroas disfrutaron dun gran momento para disfrutar unidos. O partido de brilé foi cun balón xigante como pode verse na imaxe. BO NADAL OH, OH, OH!!!!

- CANTOS DE NADAL
O festival de Nadal rematou con bailes preparados por alumnos (tamén ex-alumnos) e por cantos de Nadal a cargo de profesor@s e persoal de servizo dirixidos polo director do centro e con acompañamento musical a cargo dun alumno.

domingo, 14 de diciembre de 2014

I TORNEO FÚTBOL-SALA IES XOGRAR EN FAMILIA




 
O vindeiro 19 de decembro, dende ás 19:00h, no pavillón do chanto, celebrarase un torneo de fútbol-sala aberto a toda a comunidade educativa do ies xograr afonso gómez. 
Normas Básicas:

  1. Cada equipo estará composto por xogadores/as do 1º ciclo da eso e un mínimo dun pai/nai ou profesor/a.  
  2. Os partidos terán unha duración de 24 minutos (12+12).
  3.  Cada equipo poderá facer os cambios de xogadores que estime oportuno. 
  4. Os goles marcados por rapazas terán valor doble. 
  5. A clasificación final farase por número de victorias (3 pts partido ganado, 1 pto partido empatado, 0 pts partido perdido).
  6.  En caso de empate na clasificación teranse en conta os goles a favor e os goles en contra. 
          Programa da Actividade e Equipos Participantes


19:00 H: “HAGA CLICK AQUÍ” – CELESTIALES
19:20 H:  SPRINTS – XD
19:40 H:  SHALKE TOMATE - CELESTIALES
20:00 H:   “HAGA CLICK AQUÍ” – SPRINTS
20:20 H: SHALKE TOMATE – XD
20:40 H: CELESTIALES -  SPRINTS
21:00 H: “HAGA CLICK AQUÍ” - XD
21:20 H: SHALKE TOMATE - SPRINTS
21:40 H: CELESTIALES - XD
22:00 H:“HAGA CLICK AQUÍ” - SHALKE TOMATE
22:20 H: PINCHOS E ENTREGA DE TROFEOS 




 REMATOU O I TORNEO DE FÚTBOL-SALA IES XOGRAR EN FAMILIA
Con éxito de participación e con gran calidade dos equipos participantes rematou o I Torneo IES Xograr en Familia. Os partidos foron moi igualados e houbo emoción ata o final (xa que ata o último minuto do último partido non se coñeceu ó equipo gañador). Finalmente alzouse coa victoria o equipo Shalke Tomate nunha final moi reñida ante "Haga click aquí".
A actividade rematou coa entrega de trofeos e con pinchos para os participantes. Noraboa a tod@s!!!




FOTOGRAFÍA DO EQUIPO GAÑADOR "SHALKE TOMATE"

LIGAS DEPORTIVAS DOS RECREOS (1º Trimestre)

 LIGAS DEPORTIVAS DOS RECREOS (1º Trimestre)

A liga de fútbol-sala para 1º Ciclo da ESO estivo moi igualada, participaron equipos masculinos e mixtos. A final disputouse o día 1 de decembro entre os dous equipos da fotografía. O resultado da final foi “Salkhe Tomate 2- Segundo B 1”. Noraboa a todos pola vosa deportividade e polo gran nivel de fútbol amosado.
Podedes ver os detalles da clasificación neste enlace
http://www.gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=128590

A próxima semana disputaranse as semifinais na Liga Xuvenil, nela participaron doce equipos, entre eles tamén un equipo mixto. De momento os equipos Cesta de figos, Ave Turuta, De todo menos cacha e Pezuñas de Mármol son os catro primeiros clasificados.

A liga de Tenis de Mesa comeza o mércores día 3 de decembro. Xa podedes ver as normas e os emparellamentos no taboleiro correspondente.

A liga de Xadrez comezará próximamente na biblioteca do IES, os interesados en participar poñédevos en contacto con Paz (Vicedirección)


FINAL DA LIGA DEPORTIVA DE FÚTBOL-SALA IES XOGRAR CADETE
Esta liga tivo gran igualdade durante todo o campionato, finalmente chegaron a disputar a final os equipos Ave Turuta e Pezuñas de Mármol, impoñéndose na final Ave Turuta por un emocionante 2-1.
Podedes ver os detalles da clasificación no enlace
http://www.gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=128761

MAGOSTO ACTIVO

Grazas á colaboración do profesorado e do alumnado do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, no Xograr Afonso Gómez celebramos un magosto activo onde diferentes membros da Comunidade educativa, ademáis de degustar castañas, puidemos xogar á Mariola, á Soga-Tira, ó Pano, con zancos, con cordas, con aros, con trompos, con castañas, etc.


 Esta actividade prolongouse durante varios recreos xa que fíxose unha exhibición e un taller de trompos impartido por alumnado da ESO. Grazas a Alexis Sánchez e a Roni Peña por ensinarnos trucos coa Buxaina.