Logo

jueves, 18 de junio de 2015

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O FIN DE CURSO

.- OBRA DE TEATRO "EL UNIVERSO PERVERSO DEL TEATRO EN VERSO"
Para celebrar o día de fin de curso e como agasallo de despedida do centro, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, dirixidos pola profesora de Língua Ana Belén Durán, dramatizaron ante todo o alumnado do instituto esta comedia que fixo as delicias dos asistentes. Grazas a tod@s.


Aqui tedes o enlace para ver a representación: https://youtu.be/R2pn1BqbJq4

- XOGOS  DE ANIMACIÓN PARA PROFESOR@S E ALUMN@S
Para rematar a xornada todos puidemos disfrutar de xogos coma as sillas musicais, salto de corda, xogos con música, etc. Os xogos estiveron organizados pola vicedirección do centro e foron organizados por alumnos de bacharelato. BO VERÁN A TODOS.




- PARTIDO DE FÚTBOL CAMPO ENTRE ALUMNADO DE 3º e 4º DA ESO
Acompañados por varios profesores do centro, os alumnos de 3º e 4º da ESO xogaron partidos de fútbol, tanto feminino coma masculino.  Pechando deste xeito o curso  facendo deporte, tanto coa pequena ruta de senderismo que hai ata o estadio coma co partido de fútbol en campo de herba artificial.

- ENCONTRO INTERCENTROS DE FÚTBOL GAÉLICO
Como colofón a un traballo de investigación realizado ao longo do último trimestre polo alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, celebrouse no campo de Fútbol da Ribela un partido de Fútbol Gaélico coa participación de profesorado e alumnado dos institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez.
No desfile inaugural varios alumnos tocaron unha peza celta e o par tido foi arbitrado por árbitros do Club Torques de Lugoslavia de Lugo.
Grazas a tod@s pola vosa participación.







 




viernes, 22 de mayo de 2015

TALLER DE RCP EN FAMILIA

O día 21 de maio, xoves, ás 20:15 horas, tivo lugar un taller de RCP (Reanimación Cardiopulmonar Básica) promovido pola ANPA do Colexio Frei Luis de Granada en colaboración co 061 e co Ies Xograr Afonso Gómez.
O taller, no que participaron 22 pais/nais e profesores/as, estivo impartido por Susana Rodríguez (enfermeira do 061) e acompañouna coma axudante Sonia Cantalapiedra (profesora  de Educación Física do Ies Xograr Afonso Gómez).
Tras a proxección do vídeo da AHA e da exposición teórica dos supostos nos que é necesario a aplicación da RCP, todos os asistentes puideron facer prácticas de masaxe con bonecos.
Asemade explicouse a Maniobra de Heimlich e respondeuse a varias preguntas dos asistentes con referencia á resposta ante diferentes situacións de emerxencia. 
Estas son algunhas fotos da actividade colaborativa entre os centros educativos e as familias.









lunes, 4 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACTIVO


PROGRAMA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS:


FE       
                  FESTIVAL POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS  

                             

-         “BANDA GALEGA” Pasodoble (músicos: David Vila, David Quintana, David, David Álvarez)

-         “A SAIA DA CAROLINA”  Cantareiras ( Lucía Sampaio, Mónica Somoza, alumnado do Ciclo)

-         “O ESPARABÁN DO INCIO” Baile tradicional do Incio (profesorado, alumnado e persoal do centro)

-         “ O HIMNO GALEGO” (David Vila, David Quintana, David Álvarez, Lucía Sampaio, Mónica Somoza)

-         “A MUIÑEIRA DE CHANTADA” (músicos: David Quintana) Corros de baile tradicional

-         “A MUIÑEIRA DE ALÉN” (Alumnado e profesorado do Ciclo) Corros de cantareiras e pandereteiras.









 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No recreo do xoves 14 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas. Haberá música, baile, cantareiras e unha gran festa. Animádevos a participar!!

jueves, 30 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO ACTIVO

FESTIVAL POLO DÍA DO LIBRO
Este ano a conmemoración polo día do libro rematou cun festival poético-visual espectacular, incluíu múscica, bailes, acrosport, dramatizacións, teatro de sombras e ata rap. Grazas a todos os participantes!!






VÍDEO DO FESTIVAL AUDIOVISUAL
Aquí deixamos o enlace do vídeo do fermoso espectáculo ofrecido por alumnado e profesorado en colaboración

DÍPTICO DO PROGRAMA DO DÍA DO LIBRO




jueves, 9 de abril de 2015

DÍA DA SAÚDE ACTIVO

Para conmemorar o Día Mundial da saúde (7 de abril), ao longo do mes de abril organizamos varias actividades, entre elas  unha no parque Biosaudable anexo ao centro educativo. A actividade foi conxunta entre profesorado e alumnado do Ciclo de Atención a persoas en situación de Dependencia.
Saímos trotando xuntos, fixemos un pequeno quecemento e rotamos por todos os aparellos, tras estirar voltamos ao instituto.


















As outras actividades programadas son:
- Taller de Defensa personal a cargo da Asociación DEPERPOL (Defensa Personal Policial)
- Taller de relaxación
- Masterclasse de Aeróbic
- Taller de DESA e Soporte vital básico
- Exposición de carteis con recomendacións de práctica física por edades.
- DJ Xograr pola Saúde





















TALLER DE DEFENSA PERSONAL FEMININA
Por sexto ano consecutivo celebramos no IES un taller de defensa personal a cargo da asociación DEPERPOL (Defensa Personal Policial) de Sarria. Alberto Rincón, cinturón negro, tercer dan, foi o profesor que o impartiu e tivo moi boa acollida.
Máis de vinte persoas asistiron á sesión que estaba aberta a profesoras, alumnas, familiares e persoal de administración e servizo do centro.
As asistentes tras ver un pequeno video sobre agresións e roubos practicaron diferentes técnicas de esquivas, agarres, soltas e golpeos, ademáis de reflexionar sobre medidas de prevención e fuxida de posibles ataques.






TALLER DE  SOPORTE VITAL BÁSICO E USO DO D.E.S.A (Desfibrilador Semiautomático)
O profesor Bernardo Sánchez Ouro impartiu un taller de Primeiros Auxilios e uso do DESA , aquí deixamos unha fotografía do mesmo.

Quen queira sber máis sobre RCP pode abrir este enlace
http://rcpnaaula.blogspot.com.es/

Únete ao ritmo do Xograr!

jueves, 19 de marzo de 2015

ENTROIDO ACTIVO

As comparsas deste ano foron  moi variadas, patinadores, coellos que saen de chisteras, versións de bailando baixo a choiva, un circo, maxia, ... dunha maneira ou doutra todos tiveron unha actuación destacada. Aqui vos deixamos o pequeno circo que fixeron os profes.



viernes, 13 de marzo de 2015

DÍA DO CONSUMIDOR ACTIVO
Nas sesións de Educación Física conmemoramos o Día do consumidor (15 de marzo) realizando unha clase con material de refugallo. Entre os recursos utilizados están pelotas malabares feitas con globos e arroz, aros feitos con papeis de xonnais e celo, llantas de bicicleta, bolos de madeira feitos con peldaños de espaldeiras reciclados, chapas, corchos de botellas, rolo de equilibrio feito cunha táboa e unha tubería, zancos feitos con latas de pintura e cordas, un bate de béisbol feito con papel de periódico e cinta aislante,...