Logo

jueves, 18 de junio de 2015

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O FIN DE CURSO

.- OBRA DE TEATRO "EL UNIVERSO PERVERSO DEL TEATRO EN VERSO"
Para celebrar o día de fin de curso e como agasallo de despedida do centro, un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, dirixidos pola profesora de Língua Ana Belén Durán, dramatizaron ante todo o alumnado do instituto esta comedia que fixo as delicias dos asistentes. Grazas a tod@s.


Aqui tedes o enlace para ver a representación: https://youtu.be/R2pn1BqbJq4

- XOGOS  DE ANIMACIÓN PARA PROFESOR@S E ALUMN@S
Para rematar a xornada todos puidemos disfrutar de xogos coma as sillas musicais, salto de corda, xogos con música, etc. Os xogos estiveron organizados pola vicedirección do centro e foron organizados por alumnos de bacharelato. BO VERÁN A TODOS.




- PARTIDO DE FÚTBOL CAMPO ENTRE ALUMNADO DE 3º e 4º DA ESO
Acompañados por varios profesores do centro, os alumnos de 3º e 4º da ESO xogaron partidos de fútbol, tanto feminino coma masculino.  Pechando deste xeito o curso  facendo deporte, tanto coa pequena ruta de senderismo que hai ata o estadio coma co partido de fútbol en campo de herba artificial.

- ENCONTRO INTERCENTROS DE FÚTBOL GAÉLICO
Como colofón a un traballo de investigación realizado ao longo do último trimestre polo alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, celebrouse no campo de Fútbol da Ribela un partido de Fútbol Gaélico coa participación de profesorado e alumnado dos institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez.
No desfile inaugural varios alumnos tocaron unha peza celta e o par tido foi arbitrado por árbitros do Club Torques de Lugoslavia de Lugo.
Grazas a tod@s pola vosa participación.