Logo

viernes, 3 de febrero de 2017

O XOGRAR SALVAVIDAS


O XOGRAR SALVAVIDAS
(para ver o proxecto pincha aqui)

  O CORAZÓN SOLIDARIO DO XOGRARSALVAVIDAS CHEGA AO COLEXIO PÚBLICO FREI LUIS DE GRANADA



 O CORAZÓN SOLIDARIO DO XOGRARSALVAVIDAS CHEGA AO IES GREGORIO FERNÁNDEZ




O XOGRARSALVAVIDAS NO FESTIVAL DO DÍA DO LIBRO









A profesora de Língua Castelá Ana Belén Durán organizou, coma en anos anteriores, un precioso festival poético-visual para conmemorar o Día do Libro, nesta ocasión tamén tivo cabida unha coreografía para lembrar e difundir o proxecto sobre doazón de órganos que desenvolvemos no centro.

Noraboa a tódolos participantes; Jasmina, Ángel, Rayan, Ana Cristina e Chanelly.

CARTEIS ELABORADOS POLO ALUMNADO








CAMPAÑA DE DIFUSIÓN POR CENTROS EDUCATIVOS






 DE PARTE DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA DESTE INSTITUTO FAISE SABER.........



 






TABOLEIRO "OS XORNAIS DIN"

OS BOLECHAS DOAN SANGUE...




 

                                                        E TI?   

      Quen pode doar sangue? A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de comer haberá que deixar pasar dúas horas.
Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e que teñan máis de 18 anos. Os doantes maiores de 65 anos podar continuar doando con permiso do seu médico de cabeceira.
Lembre, a doazón de sangue é un acto RESPONSABLE.
É vital, para a seguridade transfusional, que o doante achegue toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado está destinado a axudar á recuperación dos enfermos.

Colaboración do Departamento de Plástica na difusión do Proxecto XograrSalvavidas






DIFUSIÓN DO XOGRAR SALVAVIDAS NA PRENSA







Taller práctico de soporte vital básico, RCP (reanimación cardiopulmonar) e uso do DESA (desfibrilador semiautomático) para o alumnado de 4º ESO e1º BAC.


 



Colaboracións do Ciclo de atención a persoas en situación de dependencia na difusión do Proxecto XograrSalvavidas





Taller práctico de soporte vital básico, RCP (reanimación cardiopulmonar) e uso do DESA (desfibrilador semiautomático), aberto ao persoal docente e non docente do centro . En colaboración co 061 e coa inestimable axuda dunha nai do centro (enfermeira) que impartiu unha sesión teórico-práctica moi amena e didáctica. Asemade fixo un resumo da atención necesario en caso de crise, nos casos de alumnos dados de alta no programa Alerta Escolar. Moitas grazas Susana!!










Charla divulgativa sobre a doazón de órganos (coordinada por Marta  Álvarez Vázquez da Oficina de Coordinación de Trasplantes de Galicia).

Interesantísima sesión, contidos e testemuñas que axudáronnos a coñecer máis de preto casos reais e datos actualizados sobre o trasplante de órganos.
Grazas María, Carmen e Marta! 


Colaboración do IES Xograr Afonso Gómez co C.B. Sarria

A entidade C.B. Sarria en colaboración co Concello de Sarria e co IES Xograr Afonso Gómez, organizou un taller de Soporte Vital Básico e Uso do DESA (xa que o pavillón no que adestran os equipos deste club conta cun DESA recentemente adquirido).
A actividade foi organizada por Ramón Muñoz (médico de Urxencias no Hospital de Monforte de Lemos) e  contou coa colaboración dunha enfermeira do 061 da base de Ourense (Susana Rodríguez) e tamén dous profesores de Ensino Secundario do IES Xograr Afonso e Monitores de RCP Básica (Sonia Cantalapiedra e José Antonio Corujo) .






O XOGRAR SALVAVIDAS
(para ver o proxecto pincha aquí)




Benvid@s a este novo proxecto do Xograr Afonso Gómez!!!
Tras participar noutros plans coma "Clases sen fume", "Móvete Máis", "Proxecto Deportivo de Centro", este ano os departamentos de Bioloxía, Filosofía e Educación Física embarcamonos nesta preciosa e solidaria iniciativa, á que agardamos vos sumedes todos vós. Poñémonos en marcha.
O obxectivo Xeral é:
Crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón e o transplante de órganos desde diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante ten para o sociedade, xa que eles representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu entorna familiar, académico e social.
 Os obxectivos Específicos:

PARA O ALUMNADO
  • Identificar os erros conceptuais en torno ao proceso de doazón e transplante.
  • Compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas (doadores, persoas en espera de transplante, persoas transplantadas, familiares, persoal sanitario)
PARA O PROFESORADO
  • Proporcionar información e recursos concretos de aplicación na aula.
  • Impulsar actitudes solidarias cara á doazón.