Alumnado de 2º da ESO realizou nas clases de Música e de Ed. Física actividades rítmicas de promoción do uso da Lingua Galega, estas propostas, lúdicas e activas, desenvolveranse no patio durante os recreos do terceiro trimestre.
A primeira: "Un. dous, tres, catro e o gato come o rato, cinco, seis, sete, oito e eu zampo un biscoito" Marcando eles e elas o ritmo e creando a letra coa axuda do profesorado.
O alumnado de 4º ESO comezou a traballar con cordas, cordas consecutivas, combas dobres, xogando con rimas, etc
Rimas creadas, cancións inventadas,...
"O Magosto, O Entroido, Os Maios, O Samaín e unha foliada sen fin”
"Quero queixo, quero pan, quero queixo e pan"
A danza dos sete pasos:
"Sete pasos teño que dar
e outros sete son para atrás,
separámonos, achegámonos,
pasa a rapaza arredor,
separámonos, achegámonos,
pasa o rapaz arredor...
"Sete pasos teño que dar
e outros sete son para atrás,
eu, eu, eu, ti, ti ti,
xiro cara fóra e a repetir,
ti,ti,ti, eu, eu, eu,
xiro cara fóra e a repetir...
Alumnado de 2º ESO adapatou o xogo "Wassa, Scotch, Scotch"· e fíxoo seu con "Saia, faldón, faldón..."
O alumnado e o profesorado do Ciclo ensaiou o contacontos "Pecha os ollos" de Victoria Pérez Escrivá e Claudia Ranucci, que realizarán próximamente co alumnado de 1º de E.P do CEIP Frei Luis de Granada. Traduciron o conto ao Galego e prepararon unha bonita representación.
Seguimos traballando, agora adaptando a Danza da Cruz e poñéndolle letra...
"Xira, xira, xira o muíño,
xira, xira, sen parar,..."
E a máis fermosa cantiga de Roda,
realizada polo alumnado de 3º ESO.https://drive.google.com/file/