Logo

jueves, 7 de marzo de 2024

"MÓVETE POLO GALEGO"

 Alumnado de 2º da ESO realizou nas clases de Música e de Ed. Física actividades rítmicas de promoción do uso da Lingua Galega, estas propostas, lúdicas e activas, desenvolveranse no patio durante os recreos do terceiro trimestre.

A primeira:  "Un. dous, tres, catro e o gato come o rato, cinco, seis, sete, oito e eu zampo un biscoito" Marcando eles e elas o ritmo e creando a letra coa axuda do profesorado.

Un, dous, tres. catro…

O alumnado de 4º ESO comezou a traballar con cordas, cordas consecutivas, combas dobres, xogando con rimas, etc 

 


Rimas creadas, cancións inventadas,...

"O Magosto, O Entroido, Os Maios, O Samaín e unha foliada sen fin”

"Quero queixo, quero pan, quero queixo e pan" 

 

A danza dos sete pasos: 

"Sete pasos teño que dar

e outros sete son para atrás,

separámonos, achegámonos,

pasa a rapaza arredor,

separámonos, achegámonos,

pasa o rapaz arredor...

"Sete pasos teño que dar

e outros sete son para atrás,

eu, eu, eu, ti, ti ti,

xiro cara fóra e a repetir,

ti,ti,ti, eu, eu, eu,

xiro cara fóra e a repetir...


 Alumnado de 2º ESO adapatou o xogo "Wassa, Scotch, Scotch"· e fíxoo seu con "Saia, faldón, faldón..."

Saia, faldón, faldón,,,

O alumnado e o profesorado do Ciclo ensaiou o contacontos "Pecha os ollos" de Victoria Pérez Escrivá e Claudia Ranucci, que realizarán próximamente co alumnado de 1º de E.P do CEIP Frei Luis de Granada. Traduciron o conto ao Galego e prepararon unha bonita representación.



Cierra Los Ojos

Seguimos traballando, agora adaptando a Danza da Cruz e poñéndolle letra...

"Xira, xira, xira o muíño,

xira, xira, sen parar,..."


E a máis fermosa cantiga de Roda,"Da Abóbora Faz Melão". realizada polo alumnado de 3º ESO.

https://drive.google.com/file/d/1YnNwglk9VMxUPn2jWUVtEeg6QhnT6MzZ/view?usp=sharing