Logo

viernes, 15 de abril de 2022

TALLER DE SKATE

 O día 7 de abril, para conmemorar o Día Mundial da Saúde, realizamos no noso centro varias actividades relativas a mobilidade sostible  e segura e á prevención de accidentes de tráfico.

Para iso varios grupos da ESO recibiron un taller de Skate impartido por Uxío Rodríguez da escola de Surf de Viveiro. Uxío realizou unha progresión para o alumnado e todos puideron gozar sobre os Skates, iso si, utilizando proteccións. Aprenderon a caer, a deslizarse e fixeron unha iniciación aos xiros, unha gran  proposta como iniciación. 

Tamén o alumnado de Bacharelato recibiu a charla "O importante é chegar", impartida por persoal de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para concienciar sobre os accidentes de tráfico.

Agora moi prontiño teremos as bicicletas da DGT para facer talleres de condución e manexo da bicicleta.

 

Puede ser una imagen de 16 personas

Puede ser una imagen de 4 personas 

 

 Puede ser una imagen de 12 personas y personas de pie