Logo

martes, 25 de febrero de 2025

MONOGRÁFICO SOBRE XADREZ

 Coa colaboración do profesor Álvaro Lence e  de forma interdisciplinar, encardinando a actividade co Club de Ciencia, realizamos un monográfico de Xadrez. Coñecemos a lenda da orixe do xadrez, realizamos retos de dificultade crecente e gozamos con este bonito e inetresante deporte.


 


 


 


 




jueves, 20 de febrero de 2025

LOITA OLÍMPICA

 Da man de Pablo Pintos, membro da Federación Galega de Loita Olímpica e ex-seleccionador nacional da Federación española en distintas categorías, así como exmembro da selección española de loita olímpica e exdeportista olímpico, o alumnado gozou cunha sesión na que practicaron agarres, soltas e derribos, intercalados con xogos. Pablo tamén explicounos os beneficios de practicar deporte e a importancia da constancia. Unha ensinanza para a vida.

Un auténtico luxo. Grazas Pablo!