Logo

miércoles, 26 de noviembre de 2014

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

-FÚTBOL GAÉLICO NO IES XOGRAR E NO IES GREGORIO FERNÁNDEZ




- DUATLON NO IES XOGRAR AFONSO GÓMEZ

                  O mércores 3 xuño, os monitores de Triatlón Adrián Vázquez y Ana Valín, entrenadores do Club Fluvial de Lugo, impartiron un taller de Duatlón ao alumnado de 1º de ESO do Ies Xograr Afonso Gómez.
Na actividade os rapaces/zas poideron realizar transicións de carreira a pé e bicicleta, relevos e xogos de habilidade con bicicleta, ademáis de nocións sobre seguridade e técnica de ciclismo.





- TALLER DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE E ZUMBA
O luns, 1 de xuño, tivo lugar no noso instituto unha actividade promovida polo Ministerio de Agricultura e Alimentación consistente nun taller de cociña saudable (na que cada alumno/a elaborou o seu prato de cociña mediterranea guiado por monitores) e a posteriori un taller de Zumba. Todo o alumnado de 1º e 2º da ESO participou por turno nos dous monográficos. Deixamos fotos de ambas actividades.








- AERÓBIC CO IES GREGORIO FERNÁNDEZ
No recreo do día 24 de abril levamos unha activade en conxunto alumnado e profesorado do noso IES e do IES Gregorio Fernández. Cruzamos a cancela e disfrutamos no ximnasio dos nosos "veciños" dunha divertida sesión de Step, maxistralmente dirixida por Mercedes Veiga (profesora de Ed. Física do outro centro). Grazas a todos por unha actividade tan marchosa.













- ESGRIMA NO IES
No  mes de abril recibimos no IES a técnicos do Club Esgrima Lugo, con eles os alumnos poideron practicar moitas técnicas e con moitos materiais (espadas, sables, etc). O alumnado da ESO puido experimentar incluso con material de competición (proteccións e material electrónico).







- BALONMÁN NO IES
En marzo recibimos no instituto a visita de dous adestradores do Club Alcaluba de Lugo, Daniel Goyanes e David Franco, ambos ademáis son árbitros e ex-alumnos do centro. Ambos realizaron varias sesións desde deporte co alumnado de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Como colofón realizouse o pasado día 13 de marzo un Torneo Intercentros de Balonmán coa participación de catro centros de ensino de Sarria.









- BALONCESTO NO IES
En marzo recibimos a visita no instituto dunha adestradora do C.B. Sarria, Maísa, o alumnado de 4º da ESO tivo a ocasión de disfrutar dunha sesión moi activa e de coñecer máis de preto un club desta localidade



   
 REMATOU O TALLER DE BREAKDANCE

De forma paralela á sesión do club de lectura do IES Xograr realizouse un taller de Breakdance que fixo disfrutar ao máximo aos participantes, esta actividade incluíu unha exhibición espectacular por parte do monitor Pablo Castiñeira.
Tarde pois moi “marchosa” que permitiunos ver a cara poética do Rap e do Hip-Hop, movementos musicais con moito arraigo urbán.



  
BREAKDANCE NO XOGRAR
O mércores  25 de febrero, de 15: 30 horas a 17:00 horas, no ximnasio, haberá un taller de Breakdance impartido por Pablo Castiñeira (monitor da asociación VELLA ESCOLA CULTURA URBANA). É gratuíto, quedades todos convidados!


ANÍMATE E PARTICIPA!    

- LECTURA E EDUCACIÓN FÍSICA: O profesor de Educación Física José Antonio Corujo foi o encargado de promover a lectura do mes de febreiro no programa "Un mes, un libro" da nosa biblioteca. Grazas pola túa proposta.





 - SEMANA BRANCA EN ANDORRA
Do 10 ao 17 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato e de 3º de ESO disfrutaron dunha semana de ski en Andorra. Aquí quedan unhas fotos da actividade.








- RUGBI NO IES
No mes de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de achegarse a esta modalidade deportiva da man de David González, xogador e monitor de Rugbi no Club Muralla de Lugo.



- BAUTISMO EN PIRAGÜÍSMO
En outubro alumnos de 4º da ESO realizaron en Lugo esta actividade que xa é tradicional no no noso instituto (celébrase por terceiro ano consecutivo). Aqui tedes unhas fotos para refrescar a memoria.