Logo

viernes, 22 de mayo de 2015

TALLER DE RCP EN FAMILIA

O día 21 de maio, xoves, ás 20:15 horas, tivo lugar un taller de RCP (Reanimación Cardiopulmonar Básica) promovido pola ANPA do Colexio Frei Luis de Granada en colaboración co 061 e co Ies Xograr Afonso Gómez.
O taller, no que participaron 22 pais/nais e profesores/as, estivo impartido por Susana Rodríguez (enfermeira do 061) e acompañouna coma axudante Sonia Cantalapiedra (profesora  de Educación Física do Ies Xograr Afonso Gómez).
Tras a proxección do vídeo da AHA e da exposición teórica dos supostos nos que é necesario a aplicación da RCP, todos os asistentes puideron facer prácticas de masaxe con bonecos.
Asemade explicouse a Maniobra de Heimlich e respondeuse a varias preguntas dos asistentes con referencia á resposta ante diferentes situacións de emerxencia. 
Estas son algunhas fotos da actividade colaborativa entre os centros educativos e as familias.









lunes, 4 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACTIVO


PROGRAMA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS:


FE       
                  FESTIVAL POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS  

                             

-         “BANDA GALEGA” Pasodoble (músicos: David Vila, David Quintana, David, David Álvarez)

-         “A SAIA DA CAROLINA”  Cantareiras ( Lucía Sampaio, Mónica Somoza, alumnado do Ciclo)

-         “O ESPARABÁN DO INCIO” Baile tradicional do Incio (profesorado, alumnado e persoal do centro)

-         “ O HIMNO GALEGO” (David Vila, David Quintana, David Álvarez, Lucía Sampaio, Mónica Somoza)

-         “A MUIÑEIRA DE CHANTADA” (músicos: David Quintana) Corros de baile tradicional

-         “A MUIÑEIRA DE ALÉN” (Alumnado e profesorado do Ciclo) Corros de cantareiras e pandereteiras.









 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No recreo do xoves 14 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas. Haberá música, baile, cantareiras e unha gran festa. Animádevos a participar!!