Logo

viernes, 22 de diciembre de 2023

COREOGRAFÍA DE NADAL 2023

 Como cada derrardeiro día de clase de decembro, alumnado e profesorado despedimos o ano compartindo e gozando dunha actividade en común. Este ano cun significado especial, é unha pequena homenaxe a José Antonio Corujo, profesor de Educación Física durante 25 anos no noso IES.

Marabillosa persoa, profesor excepcional e compañeiro inmellorable, incansable, comprometido, sensible, humilde e solidario.

Innovando, formándose e compartindo ata o último día. Deixa unha pegada imborrable e unha bagaxe irremplazable, un referente para os que vimos detrás.

Colaborou co Concello, sendo un dos impulsores ou o impulsor da Milla Urbana e da carreira do estudante. Creou o Club de Atletismo de Sarria, obtendo títulos a nivel provincial, autonómico e nacional . Participou tamén con equipos do Duatlón escolar obtendo grandes resultados e conquerindo a seleción de alumnos para o Centro de alto rendemento de Pontevedra, deixou moitos fins de semana adicados aos demáis de forma altruista e un sinfín de cousas máis.

Por moitas das cousas citadas é unha persoa querida e admirada e todo iso sen alardes nin estridencias, desde a humildade e o saber estar.

Hoxe é un punto e seguido xa que non é un final. Seguiremos unidos e sumando forzas para que a Educación Física sexa importante nas vidas de todos os membros da comunidade educativa do Xograr.

GRAZAS POR TODO JOSÉ ANTONIO!

 

https://drive.google.com/file/d/1crALvIw3aaZ-Enl54oUydGlSylwAznZ5/view?usp=drive_link

 

viernes, 3 de noviembre de 2023

XOGANDO A FUTBOLÍN

 Aproveitando a celebración do Torneo de Futbolín de Sarria o alumnado puido gozar desta modalidade nas clases de Ed. Física


lunes, 16 de octubre de 2023

COLABORACIÓN DO IES XOGRAR NO PRETORIAN RACE

 O alumnado de 4º da ESO  e de 2º de BAC colaborou na organización desta proba deportiva que se realizou en Sarria, cada alumno/a estaba nun obstáculo e orientaba aos participantes. Grazas a esta colaboración obteñen unha axuda para a súa excursión de fin de estudos.

Unha experiencia inolvidable!







https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/pretorian-race-reune-sarria-domingo-mas-700-deportistas/202310111812401698504.html 


jueves, 15 de junio de 2023

QUIDDITCH NO XOGRAR

 Coa colaboración do club coruñés Dementores, o a lumnado da ESO achegouse a esta modalidade deportiva tan interesante.

Aquí tedes máis información.

https://www.facebook.com/iesxograr/posts/pfbid0CW1GxRfwnTu6LrmxPvtXPpvvfEzcyd7ek6ESiRVNytaLh59rCVQ5s6iHjjPWSSS1l?__cft__[0]=AZXE8Laz5fKfACM9OOlxF3xxQe67HfKhM-DQXN222Rt3-jZiXm19lK6LFW2nMDdGmscxA_2clIZ4e0cxrcSFz_Nw58UGItH53g4pLnoe09fB2qDZrGPj93Z-3BbuLaJfQz94KYnGKb4_9ALPGExJN33JHgbKxr2tAtPy4sZtrmFwxUiftYY65cjvxJnbVmwotbgB2Kuoplq9JseOhlbx0gVp&__tn__=%2CO%2CP-R




jueves, 25 de mayo de 2023

CAMPIONATO DE BRILÉ

 O alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia orgnizou un campionato que se está a celebrar durante os recreos. A actividade ten unha gran acollida!





sábado, 20 de mayo de 2023

BAILE TRADICIONAL POLA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

Coa participación de alumnado de distintos niveis educativos, hoxe no recreo, gozamos do baile tradicional.
Por unha banda coa axuda de Rut e Roberto, profesores de baile da asociación "Peleiriños" e por outra coa colaboración de alumnos e alumnas da asociación "Meigas e Trasgos".

Grazas por promover e compartir a cultura galega!

 

 









 

 

ACTIVIDAD NAÚTICA "PIRAGÜISMO EN DRAGÓNS"

 O alumnado de 1º de ESO gozou dunha actividade deportiva en Lugo. Grazas ao programa de deporte escolar "Xogade", os rapaces e rapazas puideron remar en Dragóns baixo a dirección de monitores do Club de piragüismo Cidade de Lugo.