Logo

miércoles, 21 de abril de 2021

ERES QUEN DE PERCORRER UNHA MILLA SEMANAL CAMIÑANDO NOS RECREOS?

Desde o programa de Promoción de actividade física dentro de horario lectivo promovemos este trimestre o reto da Milla semanal feita nos recreos

En que consiste?

 pois en retar ao alumnado para que complete unha Milla camiñando nos recreos entre o luns e o venres de cada semana. Unha Milla son 1.609 metros. Unha volta dentro do recinto escolar, pero arredor dos edificios, son 340 metros. Cantas voltas terei que dar nunha semana para conquerir o obxectivo? comeza o reto...

Adxuntamos tamén plano para a Milla.
 

 Ánimo e adiante!

Tamén lembra que seguimos a facer xogos na zona dos neumáticos...
 


 

sábado, 3 de abril de 2021

5º TANDA DE RECREOS ACTIVOS

 O venres 26 de marzo, aproveitando os recreos do último día lectivo do segundo trimestre, fixemos varios bailes e danzas no recreo.

O primerio baile foi unha danza italiana "Tarantella Pulcinella". Alumnos/as e profesores/as disfrutamos conxuntamente desta sinxela danza.


A continuación un grupo de alumnos/as de 1º de BAC fixeron unha danza popular americana "Oh Suzanna", amosaron unha gran coordinación e sentido do ritmo.

 

Por último todos xuntos fixemos unha danza irlandesa moi activa e rápida "Dance Above the Rainbow" (St. Patricks Day Irish Dance).

https://drive.google.com/file/d/1GJPIQWRUunAGc-V4QyJMIfwEP5usDr7e/view?usp=sharing