CONMEMORANDO O DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR
Dentro do proxecto "Xeración Eco" e do Plan de sostibilidade, desde o Departamento de Educación Física realizamos unha actividade práctica para concienciar sobre o aproveitamento de recursos e o valor de aproveitar antes que mercar. Nesta data tan sinalada o primeiro é saber o seu orixe...
O 15 de marzo celebramos o Día Mundial do consumidor, esta data foi
establecida no ano 1962, grazas ao presidente John F. Kennedy que
decretou que todas as persoas sen distinción de clases, tivesen dereito a
gozar de certos beneficios como consumidores. A partir de 1983,
instituíuse este día e dous anos despois, establécese nas Nacións Unidas
un decreto para a protección dos consumidores. De acordo ao establecido
no Consello das Nacións Unidas, todos os cidadáns do mundo teñen entre
outros dereitos:
- Dereito para elixir.
- Dereito a recibir educación para así poder realizar eleccións correctas de bens e servizos.
- O dereito de vivir e gozar dun medio ambiente máis saudable e sustentable.
En base a estes dereitos desde o Departamento de Educación Física
realizáronse unha serie de actividades e xogos con material de refugallo
e con produtos reciclados, tentando poñer en valor a creatividade e o
inxenio por riba do consumo.
Kalahas ou Mancalas con caixas de ovos e
garavanzos, aros malabares con cartóns e xornais, aros con llantas de
bicicletas, rolos de equilibrio con tuberías e táboas, xogos con
chapas, carreiras con sacos, etc
En definitiva, reciclando e traballando para ser unha "Xeración máis Eco"!