Logo

lunes, 16 de noviembre de 2020

 4ª TANDA DE RECREOS ACTIVOS

Aproveitando  que se achegan as vacacións de Nadal preparamos unha coreografía moi navideña. Alumnado e profesorado démoslle unha nota de cor aos últimos días lectivos. Felices Festas!

Que o próximo ano nos traia moita saúde e moitas actividades físicas para compartir na comunidade do Xograr. Apertas.



 






 


 

3ª TANDA DE RECREOS ACTIVOS

Desta volta disfrutando dunha coreografía xa coñecida por todos. Gardando as distancias de seguridade e compartindo o baile entre profesorado, alumnado e persoal de limpeza. Noraboa a tod@s!



 

 MÁIS RECREOS MARCHOSOS

Desta volta bailando e practicando distintas coreografías da coñecida canción JERUSALEMA.

Seguindo os protocolos e respectando as distancias de seguridade, fixemos unha sinalización previa de referencia.



Aquí tedes o vídeo dos recreos desta semana.

 https://drive.google.com/file/d/1bV1AV7Iz1OulLiQggDTZIVQNNCSqXB4s/view?usp=sharing

 https://drive.google.com/file/d/1bV1AV7Iz1OulLiQggDTZIVQNNCSqXB4s/view?usp=sharing

 

 Grazas a tod@s  por participar, o martes próximo máis. Agardámosvos!

 

 "RECREOS MARCHOSOS"

Este curso promoveremos distintas iniciativas para realizar actividade física  durante o tempo que estemos no centro pero fóra das clases de Educación Física.

O venres día 13 de novembro conmemoramos o día do Peón. Nos recreos o alumnado de 1º e 2º da ESO fixo trucos e retos. Aqui tedes algunha foto.






 

E un pequeno vídeo tamén......

 
 



V,emonos nos seguintes recreos marchosos con Jerusalema. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADE FÍSICA DURANTE A CORENTENA

      
          Ola a td@s,
desde o departamento de Educación física lanzamos ideas e propostas para que vos manteñades activos durante estes días de confinamento nas casas. Esta situación crea novas oportunidades, podemos disfrutar en familia, adicarnos máis tempo, relaxarnos,...
Respetade as premisas de evitar riscos, adaptarnos á idade e capacidades de cada un e axustar o nivel de activación. Non esquezades poñervos o chándal e os tenis, sobre todo é importante iso último xa que os apoios deden de ser correctos. En todo caso sempre se pode facer un quecemento previo con rotacións articulares (xiros) de abaixo cara arriba, seguindo unha orde, empezando por nocellos, seguindo por xeonllos, cadeira, … até o pescozo e uns desprazamentos básicos ou ben marcha no sitio.
O ideal sería facer un tempo de práctica diario non inferior a quince ou vinte minutos e rematar cuns estiramentos. Algunhas propostas poderían ser:
- Percorridos polo corredor: podemos ir cambiándoos, poremos obstáculos (caixas de zapatos para saltar, cadeiras para pasar por baixo, botellas de deterxente para facer slalom, marcas para facer cuadrupedias boca arriba e boca abaixo, etc).
Variantes, facer o percorrido botando un balón.
- Desprazamentos: en puntas, talóns, co bordo exterior e interior do pé.
Impulsións e saltos a pé manco.
- Xogar a dar a volta á tortilla. Un/a deitado boca arriba no chan tensionando
todo o corpo e pegándose como unha cotra ao chan, o outro terá que tentar voltealo. Cambio
- Saltar á corda. Una variante pode ser poñer un cordón no chan e saltalo con pés xuntos ou a parta coxa dun lado ao outro ou de diante hacia atrás.
- Facer algún Just Dance
- Subir e baixar escaleiras.
- Pranchas con apoios de xeonllos
- Abdominais.
 
Retos:
. Percorrer unha distancia cun libro sobre a cabeza sen que se nos caiga.
. Cunha pelota pequena facer probas de habilidade (rotala ao redor da cadeira,
lanzala virar e recollela, lanzala aplaudir e recollela).

CONDICIÓN FÍSICA
Enviamos un enlace d unha rutina para facer na casa
https://youtu.be/t_WkWy5TIgQ

non fai falta casi material. Son exercicos variados dirixidos por un adestrador, o video é totalmente gratuito.
Rutina para manterse en forma 1º, 2º e 3º ESO
enlace: nivel 1-      https://youtu.be/Z4ziWoCuf5g             

Rutina para manterse en forma 4º, 1º BAC
https://youtu.be/UVYn8FmMbPc?list=TLPQMjUwMzIwMjDQzmWsyArk3A


EXPRESIÓN CORPORAL.
Actividade: http://procomun.educalab.es/es/ode/view/1522671635250

Realización: Sigue os puntos do apartado da esquerda da seguinte páxina "OPERACIÓN DANCE"
Aproveitar a clase de Educación Física que emitirá o Ministerio de Educación os mércores e que será retransmitida pola Tv. Aquí poñemos os horarios por idades.
 
ESTIRAMENTOS PARA O FINAL DA SESIÓN