O XOGRAR SALVAVIDAS (para ver o proxecto pincha aqui) |
O CORAZÓN SOLIDARIO DO XOGRARSALVAVIDAS CHEGA AO IES GREGORIO FERNÁNDEZ
O XOGRARSALVAVIDAS NO FESTIVAL DO DÍA DO LIBRO
A profesora de Língua Castelá Ana Belén Durán organizou, coma en anos anteriores, un precioso festival poético-visual para conmemorar o Día do Libro, nesta ocasión tamén tivo cabida unha coreografía para lembrar e difundir o proxecto sobre doazón de órganos que desenvolvemos no centro.
Noraboa a tódolos participantes; Jasmina, Ángel, Rayan, Ana Cristina e Chanelly.
CARTEIS ELABORADOS POLO ALUMNADO
CAMPAÑA DE DIFUSIÓN POR CENTROS EDUCATIVOS
DE PARTE DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA DESTE INSTITUTO FAISE SABER.........
TABOLEIRO "OS XORNAIS DIN"
OS BOLECHAS DOAN SANGUE...
E TI?
Quen pode doar sangue? A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de comer haberá que deixar pasar dúas horas.
Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e que teñan máis de 18 anos. Os doantes maiores de 65 anos podar continuar doando con permiso do seu médico de cabeceira.
Lembre, a doazón de sangue é un acto RESPONSABLE.
É vital, para a seguridade transfusional, que o doante achegue toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado está destinado a axudar á recuperación dos enfermos.
Colaboración do Departamento de Plástica na difusión do Proxecto XograrSalvavidas
DIFUSIÓN DO XOGRAR SALVAVIDAS NA PRENSA
Taller
práctico de soporte vital básico, RCP (reanimación cardiopulmonar) e uso do
DESA (desfibrilador semiautomático) para o alumnado de 4º ESO e1º BAC.
Colaboracións do Ciclo de atención a persoas en situación de dependencia na difusión do Proxecto XograrSalvavidas
Taller
práctico de soporte vital básico, RCP (reanimación cardiopulmonar) e uso do
DESA (desfibrilador semiautomático), aberto ao persoal docente e non docente do
centro . En colaboración co 061 e coa inestimable axuda dunha nai do centro (enfermeira) que impartiu unha sesión teórico-práctica moi amena e didáctica. Asemade fixo un resumo da atención necesario en caso de crise, nos casos de alumnos dados de alta no programa Alerta Escolar. Moitas grazas Susana!!
Charla
divulgativa sobre a doazón de órganos (coordinada por Marta Álvarez Vázquez da Oficina de Coordinación de
Trasplantes de Galicia).
Interesantísima sesión, contidos e testemuñas que axudáronnos a coñecer máis de preto casos reais e datos actualizados sobre o trasplante de órganos.
Grazas María, Carmen e Marta!
Colaboración do IES Xograr Afonso Gómez co C.B. Sarria
A entidade C.B. Sarria en colaboración co Concello de Sarria e co IES Xograr Afonso Gómez, organizou un taller de Soporte Vital Básico e Uso do DESA (xa que o pavillón no que adestran os equipos deste club conta cun DESA recentemente adquirido).
A actividade foi organizada por Ramón Muñoz (médico de Urxencias no Hospital de Monforte de Lemos) e contou coa colaboración dunha enfermeira do 061 da base de Ourense (Susana Rodríguez) e tamén dous profesores de Ensino Secundario do IES Xograr Afonso e Monitores de RCP Básica (Sonia Cantalapiedra e José Antonio Corujo) .
O XOGRAR SALVAVIDAS (para ver o proxecto pincha aquí) |
Benvid@s a este novo proxecto do Xograr Afonso Gómez!!!
Tras participar noutros plans coma "Clases sen fume", "Móvete Máis", "Proxecto Deportivo de Centro", este ano os departamentos de Bioloxía, Filosofía e Educación Física embarcamonos nesta preciosa e solidaria iniciativa, á que agardamos vos sumedes todos vós. Poñémonos en marcha.
O obxectivo Xeral é:
Crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón e o
transplante de órganos desde diferentes perspectivas, para concienciar
aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio
que a doazón e o transplante ten para o sociedade, xa que eles
representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu
entorna familiar, académico e social.
Os obxectivos Específicos:
PARA O ALUMNADO
- Identificar os erros conceptuais en torno ao proceso de doazón e transplante.
- Compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas (doadores, persoas en espera de transplante, persoas transplantadas, familiares, persoal sanitario)
PARA O PROFESORADO
- Proporcionar información e recursos concretos de aplicación na aula.
- Impulsar actitudes solidarias cara á doazón.