Logo

viernes, 22 de diciembre de 2023

COREOGRAFÍA DE NADAL 2023

 Como cada derrardeiro día de clase de decembro, alumnado e profesorado despedimos o ano compartindo e gozando dunha actividade en común. Este ano cun significado especial, é unha pequena homenaxe a José Antonio Corujo, profesor de Educación Física durante 25 anos no noso IES.

Marabillosa persoa, profesor excepcional e compañeiro inmellorable, incansable, comprometido, sensible, humilde e solidario.

Innovando, formándose e compartindo ata o último día. Deixa unha pegada imborrable e unha bagaxe irremplazable, un referente para os que vimos detrás.

Colaborou co Concello, sendo un dos impulsores ou o impulsor da Milla Urbana e da carreira do estudante. Creou o Club de Atletismo de Sarria, obtendo títulos a nivel provincial, autonómico e nacional . Participou tamén con equipos do Duatlón escolar obtendo grandes resultados e conquerindo a seleción de alumnos para o Centro de alto rendemento de Pontevedra, deixou moitos fins de semana adicados aos demáis de forma altruista e un sinfín de cousas máis.

Por moitas das cousas citadas é unha persoa querida e admirada e todo iso sen alardes nin estridencias, desde a humildade e o saber estar.

Hoxe é un punto e seguido xa que non é un final. Seguiremos unidos e sumando forzas para que a Educación Física sexa importante nas vidas de todos os membros da comunidade educativa do Xograr.

GRAZAS POR TODO JOSÉ ANTONIO!

 

https://drive.google.com/file/d/1crALvIw3aaZ-Enl54oUydGlSylwAznZ5/view?usp=drive_link