Logo

sábado, 20 de mayo de 2023

BAILE TRADICIONAL POLA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

Coa participación de alumnado de distintos niveis educativos, hoxe no recreo, gozamos do baile tradicional.
Por unha banda coa axuda de Rut e Roberto, profesores de baile da asociación "Peleiriños" e por outra coa colaboración de alumnos e alumnas da asociación "Meigas e Trasgos".

Grazas por promover e compartir a cultura galega!

 

 









 

 

ACTIVIDAD NAÚTICA "PIRAGÜISMO EN DRAGÓNS"

 O alumnado de 1º de ESO gozou dunha actividade deportiva en Lugo. Grazas ao programa de deporte escolar "Xogade", os rapaces e rapazas puideron remar en Dragóns baixo a dirección de monitores do Club de piragüismo Cidade de Lugo.

 




viernes, 15 de abril de 2022

TALLER DE SKATE

 O día 7 de abril, para conmemorar o Día Mundial da Saúde, realizamos no noso centro varias actividades relativas a mobilidade sostible  e segura e á prevención de accidentes de tráfico.

Para iso varios grupos da ESO recibiron un taller de Skate impartido por Uxío Rodríguez da escola de Surf de Viveiro. Uxío realizou unha progresión para o alumnado e todos puideron gozar sobre os Skates, iso si, utilizando proteccións. Aprenderon a caer, a deslizarse e fixeron unha iniciación aos xiros, unha gran  proposta como iniciación. 

Tamén o alumnado de Bacharelato recibiu a charla "O importante é chegar", impartida por persoal de FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) para concienciar sobre os accidentes de tráfico.

Agora moi prontiño teremos as bicicletas da DGT para facer talleres de condución e manexo da bicicleta.

 

Puede ser una imagen de 16 personas

Puede ser una imagen de 4 personas 

 

 Puede ser una imagen de 12 personas y personas de pie

jueves, 31 de marzo de 2022

 CONMEMORANDO O DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Dentro do proxecto "Xeración Eco" e do Plan de sostibilidade, desde o Departamento de Educación Física realizamos unha actividade práctica para concienciar sobre o aproveitamento de recursos e o valor de aproveitar antes que mercar. Nesta data tan sinalada o primeiro é saber o seu orixe...                               







O 15 de marzo celebramos o Día Mundial do consumidor, esta data foi establecida no ano 1962, grazas ao presidente John F. Kennedy que decretou que todas as persoas sen distinción de clases, tivesen dereito a gozar de certos beneficios como consumidores. A partir de 1983, instituíuse este día e dous anos despois, establécese nas Nacións Unidas un decreto para a protección dos consumidores. De acordo ao establecido no Consello das Nacións Unidas, todos os cidadáns do mundo teñen entre outros dereitos:
- Dereito para elixir.
- Dereito a recibir educación para así poder realizar eleccións correctas de bens e servizos.
- O dereito de vivir e gozar dun medio ambiente máis saudable e sustentable.
En base a estes dereitos desde o Departamento de Educación Física realizáronse unha serie de actividades e xogos con material de refugallo e con produtos reciclados, tentando poñer en valor a creatividade e o inxenio por riba do consumo.
Kalahas ou Mancalas con caixas de ovos e garavanzos, aros malabares con cartóns e xornais, aros con llantas de bicicletas, rolos de equilibrio con tuberías e táboas, xogos con chapas, carreiras con sacos, etc
En definitiva, reciclando e traballando para ser unha "Xeración máis Eco"!

viernes, 21 de enero de 2022

DESPEDINDO O ANO COA MARCHA RADETZKY

 O último día lectivo de 2021 xuntámonos alumnado e profesorado para realizar percusión corporal seguindo o ritmo da Marcha Radetzky. Unha bonita forma de combater o frío, gozar coa música e facer comunidade.

Que teñades unhas boas vacacións!



jueves, 9 de diciembre de 2021

CONMEMORANDO O DÍA DA DISCAPACIDADE

 Como cada 3 de decembro, nesta data tan sinalada, realizamos actividades moi especiais coa intención de achegarnos a outras realidades, comprender, vivenciar e poñernos no lugar das persoas con diversidade funcional. 

Deste xeito, coa colaboración do Ciclo de Atención a Persoas en situación de Dependencia e durante tres semanas de decembro, plantexamos distintas propostas nas que o alumnado tivo que resolver situacións afrontando perda de visión, problemas de movilidade, motricidade reducida, etc. Tamén practicaron distintos deportes adaptados: Goalball, Boccia, escalada a cegas, baloncesto en cadeira de rodas, voleibol sentados, recorridos sensoriais, atletismo con guía, desprazamentos con muletas ou con cadeira de rodas, etc.

Agradecemos á ONCE e á Cruz Vermella de Sarria o préstamo de material para poder realizar varias das actividades.






















https://es-es.facebook.com/iesxograr/posts/2002798943213077?__xts__%5B0%5D=68.ARAOC56Lf6Ozoy_ymtRsGdPqWqFm_tX4ggz9pw74gRRmyJf79bPOC8vrfbBWBIu2zZrzvnZ_AiO2ImVUOa6dc4W3J8kWBuWm2s8FMkGfQ2oFjAhhyT6QuJfj-dKAvTFVaV8tk_Zy-SAIVwk73jwKtD6Q8VBAWJcHRE5ITwV5OLDu0wL_pwBG6Aob-A0tdIh5G0fJyk9Kx2s39Ek1wq_aA4Ym9Tyvy7toAP8CH6ZLJhHqgg6kacTGxt5RIXba6TZq1GzGPn2saTpqHulOk3BiXgEWgQT6bFjCgUXGzJijpcCsLhA_EUJj8g&__tn__=-R

lunes, 15 de noviembre de 2021

CELEBRANDO O DÍA DO PEÓN

 Como xa é tradición, no instituto conmemoramos o día do Peón.

Este ano con xogos e retos dispares que axudaron a combater o frío destes días.

Aquí deixamos algunhas fotografías.

Sodes uns e unhas artistas!!