Logo

domingo, 9 de marzo de 2025

ESGRIMA

 

O alumnado de 1º ESO tivo a sorte de experimentar unha modalidade deportiva pouco coñecida, a Esgrima.

Da man de José Bermúdez Salinas, técnico do Club Lugo Esgrima, aprendemos a poñernos "En garda" e as diferenzas entre un sable, unha espada e un florete. Tamén fixemos diferentes xogos de tocados .





miércoles, 5 de marzo de 2025

ENTROIDO 2025

 Como cada ano conmemoramos esta data facendo un concurso de comparsas. Alumnado e profesorado actúan con dramatizacións ou bailes e gozamos todos os membros da comunidade educativa dun gran día de festa. Aquí podedes ver algunha fotografía e o enlace aos vídeos das actuacións.

Fotos

Vídeos










martes, 25 de febrero de 2025

MONOGRÁFICO SOBRE XADREZ

 Coa colaboración do profesor Álvaro Lence e  de forma interdisciplinar, encardinando a actividade co Club de Ciencia, realizamos un monográfico de Xadrez. Coñecemos a lenda da orixe do xadrez, realizamos retos de dificultade crecente e gozamos con este bonito e inetresante deporte.


 


 


 


 




jueves, 20 de febrero de 2025

LOITA OLÍMPICA

 Da man de Pablo Pintos, membro da Federación Galega de Loita Olímpica e ex-seleccionador nacional da Federación española en distintas categorías, así como exmembro da selección española de loita olímpica e exdeportista olímpico, o alumnado gozou cunha sesión na que practicaron agarres, soltas e derribos, intercalados con xogos. Pablo tamén explicounos os beneficios de practicar deporte e a importancia da constancia. Unha ensinanza para a vida.

Un auténtico luxo. Grazas Pablo!






miércoles, 8 de enero de 2025

FOLIADA CO ALUMNADO DO C.E.I.P FREI LUIS DE GRANADA

 

Xornada de convivencia e cultura tradicional co Ceip Frei Luís de Granada
O alumnado do C.E.I.P Frei Luís de Granada acompañado polo profesorado de Educación Física, visitou o noso centro e levou a batuta nunha foliada na que o alumnado dos dous centros gozou dunha bonita xornada de convivencia unidos pola tradición galega onde non faltaron bailes e pezas de música moi nosas...
https://www.facebook.com/iesxograr/posts/pfbid02xEqi1tma9K69hpJTCV8fEdLPFAMnrrVXeveBhJWoEcQKN5pMjZDEjktrEjsjpixul?locale=es_ES

 



viernes, 20 de diciembre de 2024

COREOGRAFÍA DE NADAL

 Como todos os cursos por estas datas, gozamos cun baile compartido entre alumnado e profesorado.

Ao ritmo de Ariana Grande "Santa Tell me".

Boas Festas!!



miércoles, 18 de diciembre de 2024

TORNEO DE FÚTBOL GAÉLICO

 Grazas á colaboración de Deporte Escolar e da Asociación Galega de Fútbol Gaélico o noso alumnado de 2º ESO gozou de varias sesións de achegamento a este deporte. Como colofón, no noso centro acollimos a celebración dun Torneo intercentros. Participaron sete equipos mixtos, o Colexio Fingoi de Lugo, o C.P.I. "Dr, López Suárez"de Friol e o IES Xograr Afonso Gomez. Unha bonita xorbnada de convivencia.


https://www.facebook.com/iesxograr/posts/1078240284097031?locale=es_ES