Logo

jueves, 27 de marzo de 2025

CONMEMORANDO A SEMANA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 Para concienciar sobre a importancia do consumo responsable, dos segundos usos das cousas e da importancia da reciclaxe realizamos unha serie de xogos e actividades con material de refugallo, reciclado ou de baixo custo.

Así o alumnado realizou malabares con aros feitos con papel de xornal e celo ou con bolas feitas con globos e alpiste. Xogou a bolos feitos con madeira reciclada dun peldaño de espaldeira roto, e fixo carreiras de sacos con sacos de patacas e semillas.

Experimentou un rolo de circo feito cun tubo de tubería e unha taboa reciclada, xogou as chapas e tamén a un Kalhaja realizado con garganzos e recipientes de ovos. Outra actividade foi dirixir llantas de bicicleta con paus.

 Por último voltamos á calma xogando a un tres en raia con cartón e tapóns de botellas e a un Tamgran de cartón.

Unhas actividades divertidas e que levan á reflexión, non é necesario mercar para xogar.













PROMOVENDO A MOBILIDADE SOSTIBLE, SEGURA E SAUDABLE

 O alumnado de 1º ESO realizou a campaña de concienciación "Sarria sobre rodas". Deseñou unha actividade moi completa e realizou co alumnado de 4º curso de Ed. Primaria un taller sobre seguridade vial, mostrando as sinais de tráfico, incidindo na importancia de levar casco, ... Tamén ensonou aos nenos máis pequeno a cruzar a rúa de forma correcta.

https://www.elprogreso.es/articulo/sarria/ies-xograr-pone-sarria-ruedas/202503131059221856658.html



domingo, 9 de marzo de 2025

ESGRIMA

 

O alumnado de 1º ESO tivo a sorte de experimentar unha modalidade deportiva pouco coñecida, a Esgrima.

Da man de José Bermúdez Salinas, técnico do Club Lugo Esgrima, aprendemos a poñernos "En garda" e as diferenzas entre un sable, unha espada e un florete. Tamén fixemos diferentes xogos de tocados .





miércoles, 5 de marzo de 2025

ENTROIDO 2025

 Como cada ano conmemoramos esta data facendo un concurso de comparsas. Alumnado e profesorado actúan con dramatizacións ou bailes e gozamos todos os membros da comunidade educativa dun gran día de festa. Aquí podedes ver algunha fotografía e o enlace aos vídeos das actuacións.

Fotos

Vídeos










martes, 25 de febrero de 2025

MONOGRÁFICO SOBRE XADREZ

 Coa colaboración do profesor Álvaro Lence e  de forma interdisciplinar, encardinando a actividade co Club de Ciencia, realizamos un monográfico de Xadrez. Coñecemos a lenda da orixe do xadrez, realizamos retos de dificultade crecente e gozamos con este bonito e inetresante deporte.


 


 


 


 




jueves, 20 de febrero de 2025

LOITA OLÍMPICA

 Da man de Pablo Pintos, membro da Federación Galega de Loita Olímpica e ex-seleccionador nacional da Federación española en distintas categorías, así como exmembro da selección española de loita olímpica e exdeportista olímpico, o alumnado gozou cunha sesión na que practicaron agarres, soltas e derribos, intercalados con xogos. Pablo tamén explicounos os beneficios de practicar deporte e a importancia da constancia. Unha ensinanza para a vida.

Un auténtico luxo. Grazas Pablo!






miércoles, 8 de enero de 2025

FOLIADA CO ALUMNADO DO C.E.I.P FREI LUIS DE GRANADA

 

Xornada de convivencia e cultura tradicional co Ceip Frei Luís de Granada
O alumnado do C.E.I.P Frei Luís de Granada acompañado polo profesorado de Educación Física, visitou o noso centro e levou a batuta nunha foliada na que o alumnado dos dous centros gozou dunha bonita xornada de convivencia unidos pola tradición galega onde non faltaron bailes e pezas de música moi nosas...
https://www.facebook.com/iesxograr/posts/pfbid02xEqi1tma9K69hpJTCV8fEdLPFAMnrrVXeveBhJWoEcQKN5pMjZDEjktrEjsjpixul?locale=es_ES