Logo

viernes, 20 de diciembre de 2024

COREOGRAFÍA DE NADAL

 Como todos os cursos por estas datas, gozamos cun baile compartido entre alumnado e profesorado.

Ao ritmo de Ariana Grande "Santa Tell me".

Boas Festas!!



miércoles, 18 de diciembre de 2024

TORNEO DE FÚTBOL GAÉLICO

 Grazas á colaboración de Deporte Escolar e da Asociación Galega de Fútbol Gaélico o noso alumnado de 2º ESO gozou de varias sesións de achegamento a este deporte. Como colofón, no noso centro acollimos a celebración dun Torneo intercentros. Participaron sete equipos mixtos, o Colexio Fingoi de Lugo, o C.P.I. "Dr, López Suárez"de Friol e o IES Xograr Afonso Gomez. Unha bonita xorbnada de convivencia.


https://www.facebook.com/iesxograr/posts/1078240284097031?locale=es_ES

 













domingo, 17 de noviembre de 2024

AS LIGAS DEPORTIVAS MÁIS ACTIVAS CADA ANO

 Como estes últimos cursos as ligas deportivas dos recreos seguen a ampliarse. Nos recreos temos un torneo de xadrez, os emparellamentos están publicados e o profesor de Matemáticas Álvaro Lence fai o seguemento do funcionamento.







O torno de futbolín por parellas e o de tenis de mesa (individual e por parellas están xa chegando ao final da primeira rolda.
O torneo de fútbol sala chega esta semana ás semifinais.

ACHEGÁNDONOS AO TIRO CON ARCO GRAZAS AO CLUB LOCAL

 


NOVO CURSO, NOVAS INICIATIVAS

 Este ano comezamos por todo o alto conmemorando a SEM (Semana Europea da Mobilidade).

Dándolle pulo ao proxecto de mobilidade sostible que temos no centro (por quinto ano consecutivo) e a campaña "En bici ao Xograr. ¡Anímate a pedalear!"

Coa axuda de moitas entidades e organizacións (DXT, DIVERSA, AESLEME, DHGTEAM, Federación Galega de Ciclismo...) e coa colaboración doutros centros educativos da comarca, fixemos unha morea de actividades.

Desde a prevención de accidentes ata a análise da calidade do aire en Sarria, desde a habilidade sobre a bici ata a concienciación do uso das prazas de aparcamento reservadas para as persoas con mobilidade reducida e moitas mási temáticas.

Tamén púxose en marcha o sistema de préstamo de bicicletas do centro.













martes, 14 de mayo de 2024

UNHA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS MOI ESPECIAL

 Hoxe realizamos no recreo un ensaio do "Esparabán " baile tradicional do Incio e tamén unha proposta  rítmica actual. Coa música "My Way" de Calvin Harrys e cantando...

"Vou eu, 

vas ti, 

saltamos todos así, 

vou eu, 

vas ti, 

imos daqui para ali"

https://drive.google.com/file/d/1FKrpl0AR4GOjlBOc9SqXlouyJ_-rzpvk/view?usp=drive_link

 


e aquí deixamos o Esparbán, varios alumnos e alumnas desa zona, acompañados por outros compañeiros/as, divertíronse practicando esta danza.

https://drive.google.com/file/d/1FdfTQQjar0xyqAb7ZmjBHisqaKlzm491/view?usp=drive_link