Logo

domingo, 14 de diciembre de 2014

LIGAS DEPORTIVAS DOS RECREOS (1º Trimestre)

 LIGAS DEPORTIVAS DOS RECREOS (1º Trimestre)

A liga de fútbol-sala para 1º Ciclo da ESO estivo moi igualada, participaron equipos masculinos e mixtos. A final disputouse o día 1 de decembro entre os dous equipos da fotografía. O resultado da final foi “Salkhe Tomate 2- Segundo B 1”. Noraboa a todos pola vosa deportividade e polo gran nivel de fútbol amosado.
Podedes ver os detalles da clasificación neste enlace
http://www.gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=128590

A próxima semana disputaranse as semifinais na Liga Xuvenil, nela participaron doce equipos, entre eles tamén un equipo mixto. De momento os equipos Cesta de figos, Ave Turuta, De todo menos cacha e Pezuñas de Mármol son os catro primeiros clasificados.

A liga de Tenis de Mesa comeza o mércores día 3 de decembro. Xa podedes ver as normas e os emparellamentos no taboleiro correspondente.

A liga de Xadrez comezará próximamente na biblioteca do IES, os interesados en participar poñédevos en contacto con Paz (Vicedirección)


FINAL DA LIGA DEPORTIVA DE FÚTBOL-SALA IES XOGRAR CADETE
Esta liga tivo gran igualdade durante todo o campionato, finalmente chegaron a disputar a final os equipos Ave Turuta e Pezuñas de Mármol, impoñéndose na final Ave Turuta por un emocionante 2-1.
Podedes ver os detalles da clasificación no enlace
http://www.gesliga.com/Clasificacion.aspx?Liga=128761

No hay comentarios:

Publicar un comentario