DÍA DA PAZ ACTIVO
Con motivo do Día da Paz realizamos unha serie de actividades que incluíron un taller de papiroflexia impartido por unha profesora (Lucía Somoza) e unha alumna do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia (Cristina Cabana) e ao que acudimos tanto profesores como alumnos. Un "DJ pola Paz" ao longo de varios recreos e un monográfico de xogos cooperativos que quedou resumido nun video elaborado polo noso orientador Evaristo Pardeiro.
A maiores un alumno do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, David (EL Baty) creou un Rap pola Paz e un grupo de alumnos e alumnas da ESO elaboraron o vídeo Úneste? para sensibilizarnos a todos hacia certas conductas e promover valores como empatía ou solidariedade (podedes velos na pestana Móvete+ deste blog). Grazas a todos.
Materiais elaborados
Aquí tedes o enlace da montaxe que fixo o noso orientador Evaristo, lembrade "Todos xuntos moito mellor". Únete ao ritmo do Xogar!!
https://youtu.be/pn2O3ZAkp6E
No hay comentarios:
Publicar un comentario