Como estes últimos cursos as ligas deportivas dos recreos seguen a ampliarse. Nos recreos temos un torneo de xadrez, os emparellamentos están publicados e o profesor de Matemáticas Álvaro Lence fai o seguemento do funcionamento.
Benvidos ao blog do departamento de Educación Física do Xograr. Aquí podedes seguir as actividades do noso Proxecto Deportivo de Centro
domingo, 17 de noviembre de 2024
AS LIGAS DEPORTIVAS MÁIS ACTIVAS CADA ANO
NOVO CURSO, NOVAS INICIATIVAS
Este ano comezamos por todo o alto conmemorando a SEM (Semana Europea da Mobilidade).
Dándolle pulo ao proxecto de mobilidade sostible que temos no centro (por quinto ano consecutivo) e a campaña "En bici ao Xograr. ¡Anímate a pedalear!"
Coa axuda de moitas entidades e organizacións (DXT, DIVERSA, AESLEME, DHGTEAM, Federación Galega de Ciclismo...) e coa colaboración doutros centros educativos da comarca, fixemos unha morea de actividades.
Desde a prevención de accidentes ata a análise da calidade do aire en Sarria, desde a habilidade sobre a bici ata a concienciación do uso das prazas de aparcamento reservadas para as persoas con mobilidade reducida e moitas mási temáticas.
Tamén púxose en marcha o sistema de préstamo de bicicletas do centro.