Este ano comezamos por todo o alto conmemorando a SEM (Semana Europea da Mobilidade).
Dándolle pulo ao proxecto de mobilidade sostible que temos no centro (por quinto ano consecutivo) e a campaña "En bici ao Xograr. ¡Anímate a pedalear!"
Coa axuda de moitas entidades e organizacións (DXT, DIVERSA, AESLEME, DHGTEAM, Federación Galega de Ciclismo...) e coa colaboración doutros centros educativos da comarca, fixemos unha morea de actividades.
Desde a prevención de accidentes ata a análise da calidade do aire en Sarria, desde a habilidade sobre a bici ata a concienciación do uso das prazas de aparcamento reservadas para as persoas con mobilidade reducida e moitas mási temáticas.
Tamén púxose en marcha o sistema de préstamo de bicicletas do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario