Logo

viernes, 30 de enero de 2015

DÍA DA PAZ ACTIVO



DÍA DA PAZ ACTIVO
Con motivo do Día da Paz realizamos unha serie de actividades que incluíron un taller de papiroflexia impartido por unha profesora (Lucía Somoza) e  unha alumna do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia (Cristina Cabana) e ao que acudimos tanto profesores como alumnos. Un "DJ pola Paz" ao longo de varios recreos e un monográfico de xogos cooperativos que quedou resumido nun video elaborado polo noso orientador Evaristo Pardeiro.
A maiores un alumno do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, David (EL Baty) creou un Rap pola Paz e un grupo de alumnos e alumnas da ESO elaboraron o vídeo Úneste? para sensibilizarnos a todos hacia certas conductas e promover valores como empatía ou solidariedade (podedes velos na pestana Móvete+  deste blog). Grazas a todos.








 Materiais elaborados
Aquí tedes o enlace da montaxe que fixo o noso orientador Evaristo, lembrade "Todos xuntos moito mellor". Únete ao ritmo do Xogar!!
https://youtu.be/pn2O3ZAkp6E

No hay comentarios:

Publicar un comentario