Logo

sábado, 26 de junio de 2021

REMATAMOS O CURSO!

 Tras un ano complexo pero moi activo chegamos ao final. Non podemos deixar pasar esta oportunidade para agradecervos a todos e todas o voso esforzo e compromiso para que as cousas sairan ben. 

Moitos recreos desfrutamos de bailes, xogos, saltos con neumáticos, paseos facendo a Milla, actividades con peóns,...

Tamén este ano lanzámonos a vir ao instituto en biicicleta (podedes ver toda esa infomación neste enlace https://proxectaxograr.wordpress.com/ )

 

En fin, un non parar, pero un montón de actiividades que nos aportaron saúde e diversión para esquecernos, por momentos, da pandemia.

Grazas de novo, desfrutade nas vacacións e agardámosvos cheos de ideas e propostas para o próximo curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario