O alumnado de primeiro de Bacharelato viaxou a Oleiros e tivo a oportunidade de percorrer as instalacións do Instituto Nacional de Educación Física, ademáis profesorado desta universidade explicoulles o plan de estudos e os pormenores das probas físicas de acceso.
Benvidos ao blog do departamento de Educación Física do Xograr. Aquí podedes seguir as actividades do noso Proxecto Deportivo de Centro
domingo, 20 de noviembre de 2016
jueves, 18 de junio de 2015
ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O FIN DE CURSO
.- OBRA DE TEATRO "EL UNIVERSO PERVERSO DEL TEATRO EN VERSO"
Para
celebrar o día de fin de curso e como agasallo de despedida do centro,
un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, dirixidos pola
profesora de Língua Ana Belén Durán, dramatizaron ante todo o alumnado do instituto esta comedia que fixo as delicias dos asistentes. Grazas a tod@s.Aqui tedes o enlace para ver a representación: https://youtu.be/R2pn1BqbJq4
- XOGOS DE ANIMACIÓN PARA PROFESOR@S E ALUMN@S
Para rematar a xornada todos puidemos disfrutar de xogos coma as sillas musicais, salto de corda, xogos con música, etc. Os xogos estiveron organizados pola vicedirección do centro e foron organizados por alumnos de bacharelato. BO VERÁN A TODOS.
- PARTIDO DE FÚTBOL CAMPO ENTRE ALUMNADO DE 3º e 4º DA ESO
Acompañados por varios profesores do centro, os alumnos de 3º e 4º da ESO xogaron partidos de fútbol, tanto feminino coma masculino. Pechando deste xeito o curso facendo deporte, tanto coa pequena ruta de senderismo que hai ata o estadio coma co partido de fútbol en campo de herba artificial.
- ENCONTRO INTERCENTROS DE FÚTBOL GAÉLICO
Como colofón a un traballo de investigación realizado ao longo do último trimestre polo alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, celebrouse no campo de Fútbol da Ribela un partido de Fútbol Gaélico coa participación de profesorado e alumnado dos institutos Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez.
No desfile inaugural varios alumnos tocaron unha peza celta e o par tido foi arbitrado por árbitros do Club Torques de Lugoslavia de Lugo.
Grazas a tod@s pola vosa participación.
viernes, 22 de mayo de 2015
TALLER DE RCP EN FAMILIA
O día 21 de maio, xoves, ás 20:15 horas, tivo lugar un taller de RCP (Reanimación Cardiopulmonar Básica) promovido pola ANPA do Colexio Frei Luis de Granada en colaboración co 061 e co Ies Xograr Afonso Gómez.
O taller, no que participaron 22 pais/nais e profesores/as, estivo impartido por Susana Rodríguez (enfermeira do 061) e acompañouna coma axudante Sonia Cantalapiedra (profesora de Educación Física do Ies Xograr Afonso Gómez).
Tras a proxección do vídeo da AHA e da exposición teórica dos supostos nos que é necesario a aplicación da RCP, todos os asistentes puideron facer prácticas de masaxe con bonecos.
Asemade explicouse a Maniobra de Heimlich e respondeuse a varias preguntas dos asistentes con referencia á resposta ante diferentes situacións de emerxencia.
Estas son algunhas fotos da actividade colaborativa entre os centros educativos e as familias.

lunes, 4 de mayo de 2015
DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACTIVO
FE
FESTIVAL POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
- “BANDA GALEGA” Pasodoble (músicos: David Vila, David Quintana, David, David Álvarez)
- “A SAIA DA CAROLINA” Cantareiras ( Lucía Sampaio, Mónica Somoza, alumnado do Ciclo)
- “O ESPARABÁN DO INCIO” Baile tradicional do Incio (profesorado, alumnado e persoal do centro)
- “ O HIMNO GALEGO” (David Vila, David Quintana, David Álvarez, Lucía Sampaio, Mónica Somoza)
- “A MUIÑEIRA DE CHANTADA” (músicos: David Quintana) Corros de baile tradicional
- “A MUIÑEIRA DE ALÉN” (Alumnado e profesorado do Ciclo) Corros de cantareiras e pandereteiras.
No recreo do xoves 14 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas. Haberá música, baile, cantareiras e unha gran festa. Animádevos a participar!!
jueves, 30 de abril de 2015
DÍA DO LIBRO ACTIVO
FESTIVAL POLO DÍA DO LIBRO
Este ano a conmemoración polo día do libro rematou cun festival poético-visual espectacular, incluíu múscica, bailes, acrosport, dramatizacións, teatro de sombras e ata rap. Grazas a todos os participantes!!
DÍPTICO DO PROGRAMA DO DÍA DO LIBRO
Este ano a conmemoración polo día do libro rematou cun festival poético-visual espectacular, incluíu múscica, bailes, acrosport, dramatizacións, teatro de sombras e ata rap. Grazas a todos os participantes!!
VÍDEO DO FESTIVAL AUDIOVISUAL
Aquí deixamos o enlace do vídeo do fermoso espectáculo ofrecido por alumnado e profesorado en colaboración
jueves, 9 de abril de 2015
DÍA DA SAÚDE ACTIVO
Para conmemorar o Día Mundial da saúde (7 de abril), ao longo do mes de abril organizamos varias actividades, entre elas unha no parque Biosaudable anexo ao centro educativo. A actividade foi conxunta entre profesorado e alumnado do Ciclo de Atención a persoas en situación de Dependencia.
Saímos trotando xuntos, fixemos un pequeno quecemento e rotamos por todos os aparellos, tras estirar voltamos ao instituto.
As outras actividades programadas son:
- Taller de Defensa personal a cargo da Asociación DEPERPOL (Defensa Personal Policial)
- Taller de relaxación
- Masterclasse de Aeróbic
- Taller de DESA e Soporte vital básico
- Exposición de carteis con recomendacións de práctica física por edades.
- DJ Xograr pola Saúde
TALLER DE DEFENSA PERSONAL FEMININA
Por sexto ano consecutivo celebramos no IES un taller de defensa personal a cargo da asociación DEPERPOL (Defensa Personal Policial) de Sarria. Alberto Rincón, cinturón negro, tercer dan, foi o profesor que o impartiu e tivo moi boa acollida.
Máis de vinte persoas asistiron á sesión que estaba aberta a profesoras, alumnas, familiares e persoal de administración e servizo do centro.
As asistentes tras ver un pequeno video sobre agresións e roubos practicaron diferentes técnicas de esquivas, agarres, soltas e golpeos, ademáis de reflexionar sobre medidas de prevención e fuxida de posibles ataques.
TALLER DE SOPORTE VITAL BÁSICO E USO DO D.E.S.A (Desfibrilador Semiautomático)
O profesor Bernardo Sánchez Ouro impartiu un taller de Primeiros Auxilios e uso do DESA , aquí deixamos unha fotografía do mesmo.
Quen queira sber máis sobre RCP pode abrir este enlace
http://rcpnaaula.blogspot.com.es/
Únete ao ritmo do Xograr!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)