Logo

viernes, 5 de noviembre de 2021

COMEZANDO O CURSO CON MOITO RITMO

 Xa tiñamos ganas de compartir unha nova actividade entre profesorado e alumnado, eso sí, cumprindo os protocolos, pero gozando ao máximo e facendo exercicio.

Aqui deixamos unhas fotos do baile de "A RODA" feito hoxe no recreo. Para a semana lembrade que celebraremos o Día do Peón!

Apertas.







sábado, 26 de junio de 2021

REMATAMOS O CURSO!

 Tras un ano complexo pero moi activo chegamos ao final. Non podemos deixar pasar esta oportunidade para agradecervos a todos e todas o voso esforzo e compromiso para que as cousas sairan ben. 

Moitos recreos desfrutamos de bailes, xogos, saltos con neumáticos, paseos facendo a Milla, actividades con peóns,...

Tamén este ano lanzámonos a vir ao instituto en biicicleta (podedes ver toda esa infomación neste enlace https://proxectaxograr.wordpress.com/ )

 

En fin, un non parar, pero un montón de actiividades que nos aportaron saúde e diversión para esquecernos, por momentos, da pandemia.

Grazas de novo, desfrutade nas vacacións e agardámosvos cheos de ideas e propostas para o próximo curso.

RECREOS ACTIVOS CON COMBAS DOBLES

 Xa en xuño realizamos uns recreos dinámicos afrecendo a alumnado e a profesorado a posibilidade de saltar e xogar con cordas. Xogos de ritmo, de persecución, saltos con dúas combas á vez,...

Aquí tedes algunhas fotografías e vídeos.



Aquí tedes un vídeo.

https://drive.google.com/file/d/1nsLhgBWNxmWS9HF099hwkd2UCITqNQQh/view?usp=sharing

CONMEMORANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 No mes de maio conmemoramos esta data tan especial con bailes e mússica. Este ano ademáis homenaxeamos a unha autora sarriá, Xela Arias.

O mércoes 19 desfrutamos co baile tradicional (alumnos/as e profesores) e tamén cunha muiñeira a ritmo de Rap. Por últimos un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato musicaron un poema de Xela e cantaron unha fermosísima canción. Grazas a tod@s!





Deixamos aquí un vídeo da actuación.

https://es-es.facebook.com/iesxograr/videos/2956880634585228/?__xts__[0]=68.ARDtHlPXsjSsJsyfYfiZkW2ESn3eYF3VKJ3Y9sVaHC_BQdX28rZu2O4qY7r9ck-tSXdL6uUzow0EK3rlKbU-vONV6zcW9scNJJRn0GTX4zuTD2sWaTxJqVw0Sg-Udwj8So88dyX992uwsAIrvmt_hrgp1mT0ShuV8qVvli4zfXRHFQHrJ7lxS6nQSmlk_6QNtLIo2AB37msKA0rsomtMq32LebZbSwVheJr2FTRMw8TVbNclZTI4ShguUGGGIggZklunOLdTqYLSUz7XIbHlyCDCVUe0aPfI-3_y7g-2C2RkDlKo0pp9PezPChdbxq0&__tn__=-R


miércoles, 21 de abril de 2021

ERES QUEN DE PERCORRER UNHA MILLA SEMANAL CAMIÑANDO NOS RECREOS?

Desde o programa de Promoción de actividade física dentro de horario lectivo promovemos este trimestre o reto da Milla semanal feita nos recreos. 

En que consiste?

 pois en retar ao alumnado para que complete unha Milla camiñando nos recreos entre o luns e o venres de cada semana. Unha Milla son 1.609 metros. Unha volta dentro do recinto escolar, pero arredor dos edificios, son 340 metros. Cantas voltas terei que dar nunha semana para conquerir o obxectivo? comeza o reto...

Adxuntamos tamén plano para a Milla.
 

 Ánimo e adiante!

Tamén lembra que seguimos a facer xogos na zona dos neumáticos...
 


 

sábado, 3 de abril de 2021

5º TANDA DE RECREOS ACTIVOS

 O venres 26 de marzo, aproveitando os recreos do último día lectivo do segundo trimestre, fixemos varios bailes e danzas no recreo.

O primerio baile foi unha danza italiana "Tarantella Pulcinella". Alumnos/as e profesores/as disfrutamos conxuntamente desta sinxela danza.


A continuación un grupo de alumnos/as de 1º de BAC fixeron unha danza popular americana "Oh Suzanna", amosaron unha gran coordinación e sentido do ritmo.

 

Por último todos xuntos fixemos unha danza irlandesa moi activa e rápida "Dance Above the Rainbow" (St. Patricks Day Irish Dance).

https://drive.google.com/file/d/1GJPIQWRUunAGc-V4QyJMIfwEP5usDr7e/view?usp=sharing

 






lunes, 16 de noviembre de 2020

 4ª TANDA DE RECREOS ACTIVOS

Aproveitando  que se achegan as vacacións de Nadal preparamos unha coreografía moi navideña. Alumnado e profesorado démoslle unha nota de cor aos últimos días lectivos. Felices Festas!

Que o próximo ano nos traia moita saúde e moitas actividades físicas para compartir na comunidade do Xograr. Apertas.



 






 


 

3ª TANDA DE RECREOS ACTIVOS

Desta volta disfrutando dunha coreografía xa coñecida por todos. Gardando as distancias de seguridade e compartindo o baile entre profesorado, alumnado e persoal de limpeza. Noraboa a tod@s!



 

 MÁIS RECREOS MARCHOSOS

Desta volta bailando e practicando distintas coreografías da coñecida canción JERUSALEMA.

Seguindo os protocolos e respectando as distancias de seguridade, fixemos unha sinalización previa de referencia.



Aquí tedes o vídeo dos recreos desta semana.

 https://drive.google.com/file/d/1bV1AV7Iz1OulLiQggDTZIVQNNCSqXB4s/view?usp=sharing

 https://drive.google.com/file/d/1bV1AV7Iz1OulLiQggDTZIVQNNCSqXB4s/view?usp=sharing

 

 Grazas a tod@s  por participar, o martes próximo máis. Agardámosvos!

 

 "RECREOS MARCHOSOS"

Este curso promoveremos distintas iniciativas para realizar actividade física  durante o tempo que estemos no centro pero fóra das clases de Educación Física.

O venres día 13 de novembro conmemoramos o día do Peón. Nos recreos o alumnado de 1º e 2º da ESO fixo trucos e retos. Aqui tedes algunha foto.






 

E un pequeno vídeo tamén......

 
 



V,emonos nos seguintes recreos marchosos con Jerusalema. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!