Logo

jueves, 27 de marzo de 2025

CONMEMORANDO A SEMANA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 Para concienciar sobre a importancia do consumo responsable, dos segundos usos das cousas e da importancia da reciclaxe realizamos unha serie de xogos e actividades con material de refugallo, reciclado ou de baixo custo.

Así o alumnado realizou malabares con aros feitos con papel de xornal e celo ou con bolas feitas con globos e alpiste. Xogou a bolos feitos con madeira reciclada dun peldaño de espaldeira roto, e fixo carreiras de sacos con sacos de patacas e semillas.

Experimentou un rolo de circo feito cun tubo de tubería e unha taboa reciclada, xogou as chapas e tamén a un Kalhaja realizado con garganzos e recipientes de ovos. Outra actividade foi dirixir llantas de bicicleta con paus.

 Por último voltamos á calma xogando a un tres en raia con cartón e tapóns de botellas e a un Tamgran de cartón.

Unhas actividades divertidas e que levan á reflexión, non é necesario mercar para xogar.













No hay comentarios:

Publicar un comentario